Thursday 02 de May de 2024

Un cento de afeccionados ás novas tecnoloxías participan na lan Party Uxianet


Un cento de afeccionados ao mundo das novas tecnoloxías participaron na lan party Uxianet 1.4.

Esta actividade, promovida polo Concello en colaboración coa asociación Birus, está a encher o inmoble da Casa de Xuventude, incluíndo o albergue onde moitos dos participantes están a pernoctar.

Aínda que a lan party deu comezo é a partir do sábado foi cando esta iniciativa alcanzou toda a súa intensidade, dado que un gran número de inscritos non comezaron a chegar ata últimas horas do día pasado.

Fotografía dixital
Como é habitual, de xeito complementario sucédense todo tipo de accións que están abertas a calquera interesado. É o caso esta mesma tarde dun ciclo de charlas dedicado a fotografía dixital, tratamento de imaxes e preimpresión, impartida por un experto na materia. Tamén están previstas conferencias sobre redes P2P e talleres sobre temas como programación Android e programación web, así como torneos de xogos, etc…

Unha das actividades que xa se está a desenvolver é a montaxe dunha impresora 3D capaz de replicar artículos en plástico.